Un pouco do rival: Xerez C.D.


Esta semana tócalle ao Xerez visitar Balaídos. O Xerez Club Deportivo é un club pertencente á cidade gaditana de Jerez de la Fronteraxerez.jpg (206.247 habitantes). O seu nacemento non foi doado xa que os seus fundadores o intentaron dúas veces anteriormente (1.933 Jerez Club de Fútbol e 1.942 Club Deportivo Jerez) para, no ano 1.947 lograr levar o proxecto á flote. A súa historia contempla 20 temporadas en segunda división, 17 en segunda “B”, 21 en terceira e 2 en Preferente. A mellor temporada da súa historia foi a 2001/02 ás ordes do, agora adestrador do Real Madrid, Bernd Schuster na que conseguiron a cuarta praza final quedando ás portas do ascenso.

Esta é a súa sétima temporada consecutiva na segunda división. A pasada temporada ocupou a 9º posición final con 58 puntos, moi lonxe do seu codiciado obxectivo do ascenso (a 18 puntos do Almería, 3º clasificado).

O técnico xerezano é Miguel Ángel Rondán, home da casa e non moi mediático. Rondán estivo piques de deixar o club este verán por mor duns problemas na garganta pero finalmente recuperouse e puido seguir ao fronte do equipo. O Xerez caracterízase polo seu fútbol ofensivo (se o commparamos co fútbol mezquino e aburrido practicado no resto da segunda divisón) e pola abundancia de xogadores de experencia e calidade. Entre estes destacan:

Porato: Mítico gardamallas francés do que moitos se lembrarán por ser o porteiro do Olimpique de Marsella que nos eliminou nos cuartos de final da UEFA do 1998/99. Relegado ao banco e con 34 anos, atópase na última etapa da súa carreira.

– Benjamín: O último en chegar. O veterano centrocampista vallisoletano (31 anos) firmou esta semana un contrato por un ano. A súa forza e traballo poden ser un gran reforzo para os xerezanos.

-Pedro Ríos: Xogador local moi querido pola afeción. Xoga no extremo dereito e ten a velocidade e a verticalidade como características principais.

– Momo: Futbolista canario de moita calidade. Fichado polo Deportivo fai dúas temporadas non conseguu triunfar en primeira nin en Coruña nin en Santander, onde xogou o pasado ano. En segunda pode demostrar esa calidade que se lle supon.

– Antoñito: O ex do Sevilla é a estrela do conxunto andaluz. Xogador moi rápido e habilidoso, é un perigo constante para a defensa ival.

– Yordi: Dianteiro corpulento á vella usanza, é un veterano curtido en mil batallas (33 anos). Ex de Betis, At. de Madrid, Zaragoza, Xetafe, Mallorca etc. Posúe un gran remate de cabeza e un bo xogo de costas.

– Michel: Outro dianteiro experimentado (30 anos). Ex de RaioVallecano, Sevilla, Sporting, Getafe ou Almería. Posúe un bo remate a portería e ten moita calidade a pesar da súa altura (1´90 metros).

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s