Stoichkov abandona


Hristo Stoichkov abandona o clube por motivos personais. Esa é a versión oficial ofrecida polo xa ex-adestrador do RC Celta nunha rolda de prensa na que, flanqueado polo Director deportivo e o Presidente da entidade ofreceu unha serie de explicacións que non acabaron de convencer a ninguén.

O preparador búlgaro, experto en ofrecernos discursos baleiros, regalounos unha rolda de prensa cargada de tópicos nas que intentou explicar a súa fuxida pola porta de atrás. Escudouse na “morriña da familia” ou que na cidade de Vigo non existen colexios de nivel abondo para os seus fillos que estudiaban nos Estados Unidos, para explicar como abandona e, literalmente, deixa tirado a un equipo que nun exercicio de araquiri suicida, confiou nel para volver a levar ao R.C. Celta de Vigo ao sitio que lle corresponde.

Segundo comentou en rolda de prensa, o técnico comunicou a súa renuncia o sábado, despois da convincente victoria fronte ao Xerez xa que considerou que era o mellor momento para abandonar a nave celtiña.

De se confirmar esta versión ofrecida por Stoichkov e, repito, flanqueado polo presidente e director deportivo, confírmase o que dende moitos sitios se tiña afirmado: a nula profesionalidade do búlgaro e a súa falta de principios e compromiso como persoa.

Pero hai outros datos que, canto menos, poñen en dúbida o discurso do búlgaro. E é que esta mesma fin de semana, despois do partido do Celta, Stoichkov participaba nun programa deportivo da televisión autonómica catalana, onde daba por feita a súa continuidade no conxunto vigués.

Ademáis, dende a cidade condal, xa se especulaba dende hai semanas coa súa posible volta a Catalunya, terra que nunca chegou a abandonar, e na que seguía inaugurando negocios, tal e como informaba o diario Sport.

 

E é neste punto, onde temos que mirar cara o consello e a súa responsabilidade. Tanto como se o búlgaro di a verdade como se non. Porque, que é peor, ¿que o Presidente sexa cómplice dunha mentira e asuma un novo fracaso na súa planificación deportiva ao contratar a semellante ser ou, ter que asistir a como á persoa sobre a que deixaches recaer a responsabilidade de salvar e máis tarde ascender a este equipo, deixate tirado ás primeiras de cambio?

En fin, o certo é que hoxe o Celta durme sen adestrador xa que non se quixo facer oficial a fichaxe de López Caro e que, volvemos a estar de novo nunha delicada situación nunha temporada tan trascendental coma esta.

Vodpod videos no longer available.
Anuncios

2 Respuestas a “Stoichkov abandona

  1. Non é por nada,pero isso de que marcha pola “morriña” non o cree nin él farto de viño… ¬¬
    Non me cuadra nada do que di e do que pasou no día anterior,así que só se lle pode dicir,gracias por deixarnos tirados :S

  2. E se foi cesado…pois supoño que foi porque nunca estaba en Vigo case e para ter un entrenador que só era fachada e non dirixía os adestramentos,non ten sentido.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s