Stoichkov marcha por vontade propia


Despois da maratoniana rolda de prensa que vivimos en directo en TodoCelta RADIO tiramos as seguintes conclusións:

*Stoichkov marcha do Celta por motivos personais.

*Alega problemas personais.

*Tivo palabras de loubanza para o presidente e para Antonio López

*Mañá haberá presentación do novo adestrador do que non se quixo dicir o nome.

*Antonio López seguirá no clube.

Contra a noite ampliaremos toda esta información.

Anuncios

5 Respuestas a “Stoichkov marcha por vontade propia

  1. Partamos da base que son certos os motivos que se diron na rolda de prensa, que é agora o que lle hai que reprochar ao consello de administración?.

    Se pola contra supomos que hai outros motivos e que se trata dun cese, o criticable sería que non se explicasen os motivos reais, pero neste caso penso que non faría falla airear a merda se entre as dúas partes preferiron chegar a ese acordo.

  2. En caso de que o asunto fose que acordasen non dar os verdadeiros motivos do suposto cese, as dúas partes sairían beneficiados: o Celta non tería que indemnizar a Stoichkov e a imaxe deste non quedaría tan deteriorada… Creo que non sería nada descabellado e que se cadra moitos falaron demasiado antes de tempo e antes de cavilar un pouco…

  3. Maraver ten razón,o verdadeiro motivo foi ese,Stoichkov foi cesado,e para non dañar o nome do adestrador,e poder pactar unha saida o menos costosa posible.Os verdadeiros motivos foron,penso,as continuas viaxes do adestrador a barcelona,deixando a ollos da directiva,o clube abandoado.Se vedes o reportaxe da galega das tres da tarde,que mesmopodese ver nesta páxina,vese o final del,un Stoichkov,falando recentemente nunha televisión catalana,refríndose a sua intención de ascender o Celta e louvando o seu plantel.Coma sempre…por parte da directiva,as novas chegan os seus socios,adulteradas ou mentindo…Mouriño,cada día méteste mais dun pozo que non sei como farás pra sair,non opino sobre o cese,pero o troco de adestrador é,simplemente lamentable,López caro non ten nin entidade nin carácter.HALA CELTA!!!

  4. A verdade e que isto e bastante soipestoso pero realmenta a min tanto me da,o unico que me importa e gañar o domingo,el logo o Numancia e o resto,ir os domingo a Balaidos e dalo todo polo equipo.Agora saldran un feixe de buitres coma o impresentable ise do presidente da peña alvarito,da noxo,gustalle remexer na merda e sair en canto medio de comunicación pode.El,e gran parte de xente deberia tomar exemplo de Comando,Celtarras ou Esmorga ,un unico mensaxe ,Animar o Celta…..que veña que queira,ogalla foxe Rafa Saez,eu sexa quen sexa seguirei apoiando dende a bancada.

  5. Grazas pola propaganda de Esmorga, jajaja.
    Volvendo ao tema, eu creo que antes de botar a lingua a pacer e de criticar por criticar deberíanse pensar as cousas: sexa ou non certo o tema da dimisión e asumindo que se pode tratar dun cese enmascarado, se cadra esa sería a mellor saída para as dúas partes. Que gañaría o Celta en caso de que airease os presuntos motivos do suposto cese?. E así se cadra aforra os cartos da indemnización. Desde logo, se os motivos do cese fosen os que se mencionaron citando fontes do clube, podería ser comprensible o despido.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s