Lequi: “Non lle desexo esta situación nin ao peor inimigo”


lequi101007.jpg

O central do Celta, Matías Lequi, compareceu hoxe en rolda de prensa na Madroa. O arxentino admitiu que non falou con López Caro e engadiu que tampouco ten porque facelo. Ante todo apunta que é un profesional e que aceptará calqueira decisión.

Coa baixa de Peña e a chegada do novo adestrador López Caro, tanto Lequi como Contreras, poderían volver ser vitais no eixe da defensa. Se se confirman estas dúas voltas, o Celta reforzaría a súa zaga con dous homes de calidade que ata o de agora estaban na bancada. Esperemos que sexan o suficientemente profesionais para non volver realizar as desastrosas actuacións de finais da pasada temporada.

Estas foron as verbas máis interesantes de Lequi na rolda de prensa ofrecida na Madroa.

Non sei que pasaba antes, non creo que sexa unha pegunta para min. Eu seguirei traballando como antes para intentar, como dixen varias veces, convencer ao adestrador de que estou para xogar e podo estar no once.

Cando se cambia de adestrador, a todos os xogadores, sobre todos aqueles que non veñen xogando, se lle abren expectativas de que a cousa cambie. Peor non me pode ir e ata agora leveino como un profesional. Na miña vida profesional non cambiei, imaxínate agora que hai expectativas e novas ilusións. Non vou cambiar nada do que viña facendo, estou tranquilo comigo mesmo na miña vida persoal e profesional.

Non lle desexo esta situación nin ao peor inimigo, tocoume a min e tiven o apoio da miña familia, que estivo comigo.

Estiven atento a todas as listas de convocados aínda que inconscientemente sabía que se cadra non podía estar, pero a vexo sempre. O xogador que perda a ilusión é mellor que se vaia a casa. Se a perdes non debes seguir xogando ao fútbol. Gústame o que fago, os factores externos non tanto, pero o fútbol si.

Sempre estiven preparado para xogar, só hai que ver un adestramento, mentalmente sempre fun forte. Tomeino así, como un traballador que ten que traballar.

Se volvese a xogar tería sensacións positivas, de volver facer o que che gusta, serían as mellores sensacións. Esperemos… Se me toca, intentarei achegar cousas positivas para que este equipo poida gañar partidos e progresar.

Anuncios

5 Respuestas a “Lequi: “Non lle desexo esta situación nin ao peor inimigo”

  1. Seamos un poco coherentes. Si Lequi no jugó hasta aora supongo que será por algo gordo que ha hecho, sino no tiene sentido que desaparezca así de las alineaciones. Lo que vamos a descubrir pronto es si el problema es con Stoichkov o con la directiva porque si es con esta última que se vaya olbvidando de jugar otra vez.
    Personalmente espero que sea la primera y que Lequi vuelva a jugar otra vez, eso si, con seriedad y profesionalidad.
    Un saludo!!!

  2. Rumoreabase que a directiva xa lle dera uns toques de atención a Stoichkov para incluir a Lequi nas alineacións,toques de atención os que Stoichkov fixo oidos sordos…
    Se todo o motivo que hai para que non xogue é que é un pouco bastante fiesteiro,eu sou das que pensa que mentras rinda no campo(e rendía moi ben) non me importa se sae e bebe unhas copas,é xoven,e non é cuestión de quedar sempre na casa.
    Resumindo,espero que xogue 🙂 Moitísimo mellor que Peña vaino facer.Lequi é un defensa magnífico.

    Saúdos a todos. HALA CELTA.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s