Celta 2 – 2 Numancia


O Celta deixou escapar dous novos puntos hoxe de Balaídos, nun partido no que, ainda estando por diante en dúas ocasións, puido perder nos últimos minutos.

E é que o Celta saiu moi ben prantado na primeira metade, con gañas de facer bo fútbol e con fame de gol. Os homes de López Caro desplegaron, como é xa habitual, boas maneiras nos primeiros compases do partido. E pronto chegou o premio, grazas a un cabezazo de Lequi. Pero antes de que o Celta se adiantara, o colexiado (nefasto, como todos en segunda … e en primeira) privou ao Celta dun penalti claro que o arbitro non quixo ver.

Cando o Celta debía sentenciar o marcador ante un Numancia que estaba noqueado, reapareceu Lequi para cometer un penalti claro na área que levaría a igualada ao marcador.

Con López Caro expulsado por protestar xustamente unha das moitas pifias do trio arbitral, o Celta comezou a segunda parte creando perigo a balón parado. E así tivo que chegar o gol, nun penalti rigoroso sinalado a prol do Celta por man dentro da area despois dunha gran xogada de Diego Costa.

Con Canobbio mancado, Jorge colleu os galóns e aventurouse a tirar o penalti, que materializaría sen problemas poñendo o 2-1 no electrónico.

Pero apenas 15 minutos despois chegaría o definitivo empate do Numancia, como non, a balón parado. Tremendo golazo de Moreno de falta, en toda a escuadra da portería de Pinto.

Máis os problemas non acabarían aí, xa que Rubén foi expulsado moi rigorosamente por unha suposta agresión. Certo é que a labazada exisitiu pero o cartón vermello directo presúmese máis que rigoroso.

Daquela o Numancia xa contralaba o partido, aínda que sen volcarse a pola victoria. Aínda así puido caer o terceiro para os sorianos de non ser pola actuación de Pinto.

Tamén o Celta tivo algunha oportunidade, grazas á fe e a calidade de xente como Quincy ou Diego Costa. Finalmente non puido ser e o Celta volve deixar escapar 2 puntos na súa escalada polo ascenso.

O domingo que vén, a Xixón.

Anuncios

2 Respuestas a “Celta 2 – 2 Numancia

  1. Uns cantos apuntes:
    – Penalty riguroso a prol do Celta?. É unha man sen discusión.
    – Lequi. Irregular. Se o penalty absurdo que cometeu el o chega a cometer Peña ou Contreras, organizamos un sacrificio en Balaídos.
    – Para min a expulsión de Rubén é xusta, moi parecida á famosa de Pablo García ante o Bilbao que tantísimas críticas lle costara ao uruguaio.
    – Polo demáis, creo que o Celta non fixo un mal partido e mereceu gañar, xa que 11 contra 11 o Numancia non pisou a área e só marcou en xogadas illadas.
    -Árbitro nefasto, unha vez máis.

    http://www.esmorgazeleste.com

  2. Pois eu vexo bastante inxusta a expulsión de Rubén, cunha amarela era máis que suficiente.
    O resto do partido bastante irregular. Temos calidade e por ratos xogamos ben, pero somos moi irregulares.
    Espero que pouco a pouco melloremos no aspecto físico que é o aspecto principal polo que o Celta baixa tanto nas segundas metades.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s