O Real Club Celta inicia este sábado a súa andaina na tempada 2009/21010 cun interesante partido ante un recén descendido, o CD Numancia (Balaídos, 18.00 horas). O club fixou para este encontro prezos económicos, entre 10 e 25 euros, có fin de propiciar que o equipo se sinta arroupado no seu ilusionante debut. Ademais, por só 5 euros máis os afeccionados poderán adquirir unha entrada para o partido de Copa ante o Real Unión.