X1: Celta 1 – 2 Numancia


O Celta caeu no seu debut ante o Numancia de xeito inxusto: un erro individual supuxo o primeiro tanto do rival, unha xogada illada traduciuse no gol da vitoria dos sorianos, dominados con claridade polos celestes na segunda metade. Trashorras anotou o gol dun Celta moi superior tralo descanso, pero castigado polo infortunio.


Artigo de celtavigo.net

O esperado comezo de Liga, a hora da verdade, a de cosechar a sembra da pretempada, chegou cunha calor terrible e un rival de entidade, incómodo, serio, o Numancia de Gonzalo Arconada. E arrincou cun ritmo adecuado á temperatura, con equilibrio, respecto.

As primeiras oportunidades, método habitual neste tipo de partido, chegaron a balón parado, con Trashorras como lanzador. Catalá cabeceou fose aos oito minutos de xogo. Michu fíxoo arriba inmediatamente despois.

Tras estas ocasións, reinou o equilibrio. Faltaba fluidez en ambos equipos, precisión na zona de ataque. O Celta dominaba lixeiramente a posesión, sempre afogado pola feroz presión do rival, e non lograba enlazar con claridade cós tres atacantes. O Numancia, serio atrás, abría o campo cando roubaba e saía con velocidade.

Con eses condicionantes, o choque estaba aberto, indefinido. Apenas había oportunidades e moita pelexa no centro do campo. Parecía que o descanso chegaría de xeito plácido, sen sobresaltos de ningún tipo. E así foi. Algunha falta desde a frontal executada sen perigo.

Trala reanudación, con Hugo Mallo no campo en lugar de Roberto Lago, a desgraza cebouse en Sergio Ortega. Perdeu un balón na frontal que acabou en gol de Íñigo Vélez. Xogada desafortunada que lle custou tremendamente cara ao Celta. Tan só pasaran tres minutos de xogo, e aínda non ocorrera absolutamente nada.

Ocorreu dous minutos despois: Dani Abalo habilitou desde a banda a Trashorras no centro. O de Rábade recortou cara á súa esquerda e desde 25 metros enganchou un zurdazo enorme que entrou pola escadra dereita de Eduardo.

Xusto despois, Michu, desde 30 metros, lanzou outro terrible zurdazo que o porteiro desviou con grandes apuros.

Gran, contundente, resposta do Celta, que reaccionou con rabia ao gol do Numancia. Trashorras volveu intentalo desde a frontal, pero esta vez o seu remate saíu rozando o pau esquerdo do meta soriano.

Os de Eusebio pasaron, de súpeto, a dominar o xogo, a xerar ocasións, a asustar ao Numancia. Joselu lanzou fóra aos 14 minutos tras un bo pase de Trashorras. Os célticos adueñáronse do coiro e, agora si, xeraron un xogo brilante nalgunhas das súas chegadas. O Numancia respondía con zarpazos, con balóns longos polas bandas e centros ao corpulento Vélez.

O Celta, por intres, cada vez máis prolongados, asediaba, empuxaba con forza cara a Eduardo. Os de Arconada eran incapaces de zafarse da presión celeste, de enlazar cos seus puntas, aínda que si defendían con orde e concentración. E, na súa primeira chegada, moitos minutos despois, Dimas marcou un gol soberbio: regateou na frontal, mirou a Falcón e colocou o coiro na escadra. Facía longos minutos que non chegaban arriba, pero cando o fixo, resultou demoledor.

Joselu puido empatar no tramo final tras un bo regate no área e un remate que saíu excesivamente cruzado. O Celta merecera moito máis. Catalá, xa nos instantes finais, cabeceou por arriba un servizo de Trashorras na última oportunidade dun encontro no que non imperou a xustiza.

1-R.C. Celta: Falcón, Vasco, Sergio Ortega, Catalá, R. Lago (Hugo Mallo, min.46), Trashorras, Bustos (López Garai, min.84), Michu. Dani Abalo, Toni (Botelho, min.49) e Joselu.

2-C.D. Numancia: Eduardo, Flaño, Boris, Balenziaga, Do Piñeiro (Álvaro, min. 93), Jaio, Garmendia, Dimas, Barkero (Palacios, min.71), Nano e Iñigo Vélez (Kike Soa, min.71).

Goles: 0-1, min.48: Íñigo Vélez; 1-1, min. 50: Trashorras; 1-2, min.73: Dimas.

Árbitro: Teixeira Vitienes, do comité cántabro. Amonestó a Trashorras, Sergio Ortega, Catalá, Michu, Flaño, Jaio e Balenziaga.

Campo: Balaídos, 7.410 espectadores.

Anuncios

2 Respuestas a “X1: Celta 1 – 2 Numancia

  1. Carallo q pasa?? isto segue vivo?? mi madriña dende a chegada de eusebio isto non se movia…Pois nada agardemos q isto volva a funcionar,algo, pq xa xogamos contra o real union e o salamanca e non se move moito…

  2. En defensa de Vigo, di NON á fusión das Caixas. Acude á concentración cidadá. Hoxe, día 9 de febreiro ás 20 horas en Urzaiz. Dende Vía Norte ata Porta do Sol

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s