Plantilla


1. Esteban Andrés Suárez

Nado en Avilés o 27-6-1975

Porteiro. 1.79 m. e 75 kg

Esteban é un porteiro con grandes reflexos e moi seguro baixo paos. Xogou en equipos coma o Oviedo e o Sevilla. É a súa terceira tempada no Celta.


2. Juan Manuel Peña Montaño

Nado en Santa Cruz (bolivia) o 17-1-1973

Central. 1.83 m. e 75 kg

O boliviano é un home con moitísima experiencia. Case inexpugnable no un contra un e cun gran xogo aéreo, será un dos referentes na defensa. Primeiro ano en Vigo.


3. George Lucas Coser

Nado en Tapejara (Brasil) o 20-2-84

Lateral Dereito. 1.81 m. e 76 kg

Defensa moi ofensivo ao que lle gusta gañar a liña de fondo. Ten un bo disparo e un mellor centro. É moi rápido e difícil de superar. É o seu segundo ano.


4.Víctor J. Aniño Bermúdez “Vitolo”

Nado en Santa Cruz de Tenerife o 9-9-1983

Mediocentro. 1.72 m. e 66 kg

O mediocentro canario e un xogtador moi completo. Xeneroso en defensa e con moita chegada, pode aportar moito equilibrio ao centro do campo. Chegou cedido polo Racing de Santander cunha opción de compra. 1º ano en Vigo.


5. Matias Lequi

Nado en Santa Fe (Arxentina) o 13-9-1981

Central. 1.91 m. e 81 kg

O arxentino é un valuarte defensivo no Celta. Inexpugnable no xogo aéreo, ten unha innata capacidade de anticipación. É a súa 3ª tempada na cidade olívica.


6. Roberto de Souza Resende

Nado en a Goiâna (Brasil) o 18-1-85

Mediocentro. 1.77 m e 77 kg.

O brasileiro é un mediocentro moi interesante. Moi bo na contención ten calidade suficiente para sacar o balón xogado. Chamado a suceder a Oubiña, esta é a sua terceira temporada no club xa que o ano pasado xogou cedido no Salamanca.


7. Antonio Núñez Tena

Nado en Madrid o 15-1-1979

Interior Dereito. 1.85 m. e 82 kg.

É un home moi rápido que fai moito dano cando se lle dan ocos; fai tamén un traballo moi valioso en defensa. Este é o seu terceiro curso.


8. Jorge Larena-Avellaneda Roig

Nado en Las Palmas (Gran Canaria) o 28-9-1981

Media Punta. 1.81 m. e 75 kg

O canario é un home de moita calidade. Posúe unha gran capacidade técnica, bo disparo a balón parado e un pase moi perigoso. É a súa 3ª tempada.


9. Vladimir Manchev

Nado en Pazardjik (Bulgaria) o 6-10-77

Segundo Dianteiro. 1.83 m. e 78 kg.

Dianteiro moi rápido e con gran facilidade para caer ás bandas e apoiar ao centro do campo. Posúe un gran disparo. 1ª ano en Vigo.


10. Néstor Fabián Canobbio Bentaberry

Nado en Montevideo (Uruguay) o 8-3-1980

Media Punta. 1.79 m. e 75 kg

O uruguaio é un prodixio técnico. Quizais o home de máis calidade do equipo. Con un pouco máis de regularidade podería ser un dos mellores da Liga. Magnífico golpeo a balón parado. 4ª curso no equipo.


11. Ioannis Okkas

Nado en Larnaca (Chipre) o 11-2-1977

Segundo dianteiro. 1.76 m. e 80 kg.

O xogador chipriota é un home rápido e incisivo. Expecialista en vaselinas e cun gran remate de cabeza, a pesar de non ser moi alto, será un dos homes importantes de Stoichkov. 1º temporada no Celta.


12. Agustín García Iñiguez “Agus”

Nado en Bonete (Albacete) o 3-5-1985

Central/lateral esquerdo. 1.83 m. e 78 kg

O albaceteño é un xogador de moito futuro. A polivalencia é unha das súas grandes virtudes. O remate de cabeza e o marcaxe dominaos sen problemas. Chega cedido con opción de compra. 1º ano en Vigo.


13. Jose Manuel Pinto Colorado

Nado en Pto. de Santa María (Cádiz) o 8-11-1975

Porteiro. 1.86 m. e 84 kg

O gaditano é un porteiro moi seguro. Ten unha gran colocación e uns reflexos prodixiosos. Foi o “Zamora” fai dous temporadas. Cumpre a súa 9º temporada.


14. Jesús Perera López

Nado en Oliveza (Badajoz) o 12-4-1980

Dianteiro Centro. 1.77 m. e 74 kg

O pacense é un home moi querido pola afección. Ten a capacidade de estar onde teñen que estar os bos dianteiros, leva a portería entre cella e cella. 4º ano en Vigo.


15. Pablo Contreras Fica

Nado en Santiago de Chile (Chile) o 11-9-1978

Central. 1.81 m. e 78 kg

O central chileno é un seguro de vida. Moi áxil, rápido e difícil de superar. Vai moi ben por alto grazas ao seu magnífico salto. Leva 6 anos no equipo.


16. Adrián González Moralesadrianglez.jpg

Nado en Madrid o 25-5-1988.

Interior esquerdo. 1.84 m. e 75 kg

O bástago de Michel é un xogador de moita calidade. Cunha zurda de moita clase, posúe un gran centro e mellor disparo. Haberá que estar moi atentos á súa evolución. Chega cedido polo Madrid. 1º ano en Vigo.


17. Diego da Silva Costa

Nado en Lagarto (Brasil) o 10-7-1988

Dianteiro Centro. 1.86 m. e 78 kg

Dianteiro brasileiro de moita calidade. Potencia, técnica e remate son as principais características do xogador carioca. O Atlético pagou 3´5 millóns de € por el antes de cedelo ao Celta. 1ª temporada no club vigués.


18. Antonio Guayre Betancor

Nado en Las Palmas (Gran Canaria) o 10-3-1980

Segundo Dianteiro. 1.77 m. e 75 kg.

Lastrado polas lesión, o canario é un xogador moi rápido. Ten moita mobilidade e dinamismo e cae as bandas con facilidade. Chegou o ano pasado a Vigo procedente do Vilareal.


19. Mario Suárez Mata

Nado en Madrid o 24-2-1987

Mediocentro. 1.86 m . e 80 kg

Cedido polo A.de Madrid, é un dos xogadores con máis futuro no Celta. Ten moito equilibrio entre xogo defensivo e ofensivo e un bo xogo aéreo. Procede do Valladolid no que tivo un importante papel no ascenso. 1º ano no equipo.


20. Petar Zanev.

Nado en Blagoevgrad (Bulgaria) o 18-10-85

Lateral esquerdo. 1.80m. e 78 kg

Lateral esquerdo de moito futuro fichado expresamente polo adestrador Hristo Stoichkov. Bo disparo a porta. Primeira temporada no Celta.


 

vara.jpg

21. Julián Vara López

Nado en Madrid o 17-11-1983

Lateral/interior dereito. 1.78 m. e 74 kg

O madrileño é un xogador moi interesante. Posúe un gran poderío físico e unha gran facilidade para subir a banda. Chega cedido polo Atlético de Madrid cunha opción de compra. Xogará por primeiro ano no Celta.


22. Roberto Lago Soto

Nado en Vigo o 30-8-1985

Interior/lateral esquerdo. 1.82 m. e 75 kg

O vigués é un dos xogadores máis prometedores do Celta. Xogador moi sólido que mellora ano a ano, ten unha boa técnica. Debuta como xogador do primeiro equipo.


23. Rubén González Rocha

Nado en Santiago de Compostela o 29-1-1982

Central. 1.87 m. e 75 kg

O santiagués recala no Celta tras o mellor ano da súa carreira no Racing. Central de moita clase e moi bo no xogo aéreo. Será fundamental no eixo da defensa. 1ª temporada no Celta.


24. Jonathan Vila Pereira

Nado en Porriño o 6-3-1986

Mediocentro. 1.86m. e 82 kg

O galego é un mediocentro con moito futuro. A súa gran capacidade física e as súas cualidades defensivas fan del un home moi aguerrido. É o sucesor natural de Oubiña. 1º ano no primeiro equipo.


25. Quincy Jaime Owusu Abeyie

Nado en Amsterdam (Holanda) o 15-4-1986

Extremo esquerdo. 1.80 m. e 74 kg

O holandés é a fichaxe estrela deste ano. Xogador moi vertical, rápido, habilidoso e moi difícil de suxeitar no un contra un. Chega cedido polo Spartak con opción de compra. 1ª temporada no Celta.


28. Ricardo Alvárez Puig “Richy”

Nado en Vigo o 11-9-1984

Central. 184 m. e 77 kg

O canteirán ten un futuro envexable. Central de moita clase, sabe sacar o balón xogado desde atrás e é moi difícil de desbordar. Posúe un extraordianrio golpeo de balón. Aínda que será xogador do filial, esta será a primeira temporada cos “maiores”.


29. Daniel Abalo Paulos

Nado en Pontevedra o 29-9-1987

Extremo dereito. 1.74 m. e 68 kg

O pontevedrés é un extremo á vella usanza. Cun regate e un desborde moi perigosos, é un home moi desequilibrante. Aínda que debutou o pasado ano en 1ª, este é o primeiro ano no que participará con asiduidade co Celta “A”.


16 Respuestas a “Plantilla

  1. haber si Vazquez pone a jugar a de ridder de una vez , que lo que tiene de promesa se le va a acabar como siga asi.. MUCHO DE RIDDER¡¡¡¡

  2. Xa estamos hartos dos plantexamentos deste Vázquez. Ten a plantilla aburrida destar sempre no bankillo. Non sei pra que quere tantos xogadores se soamente usa os seus 11 fagan o que fagan

  3. Pingback: Ademir, o primeiro superclase « TodoCelta - Celta de Vigo·

  4. ANIMO CELTA!!!!!!!!!!

    GUSTAVO ERES MUY BUENO SIGUE ASI, Y ESTAS BUENISIMO!!!!!!

    Y PLACENTE NACISTE EL MISMO AÑO QUE YO MUCHOS ANIMOS A TODOS!!!!

  5. UN SALUDO MUY GRANDE A JORGE LARENA, AKI TIENES MI DIRECCION DE CORREO CHIKI!!!A VER SI COINCIDIMOS OTRO DIA, Y TENGO LAS FOTOS Q NOS SACAMOS EN LA CASONA EL DIA 2 DE JUNIO 2007 EN LA DESPEDIDA DE TU COMPI. UN ABRAZO CAMPEON, BESOS

  6. ero tkm eres mi idolo.molarn ls puteos al monitor d cerceda.eke non ai seguridade.se tiverades coidado non pasaba iso.

    tkm cariño.tu amor secreto,gordi

  7. adrian eres el mejor aunque rhisto no confie en ti yo si!!!!!! Lo mejor del Celta.

    Oye… sales de marcha por vigo???? 😉

    • celta joderos k somos los primeros las copas del celta son todas de cristal las copas del celta se las vevio tristan lololololololololooo

  8. Compañeros, estoy buscando información sobre un jugador del Celta de Vigo de las plantillas antiguas. Su nombre es Julio Mendieta, de nacionalidad Paraguaya.

    El caso es que estoy viviendo en Paraguay, y he conocido a un Julio Mendieta que dice ser el jugador de futbol, sin embargo no tengo forma de comprobarlo. Si es así, le haré un documental, que luego no tengo reparo alguno en pasarles a ustedes para que lo tengan en sus archivos.

    Escribanme, por favor, al correo electrónico que les pongo en el comentario.

    Un saludo cordial.

    Narwhal Tabarca.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s