O estadio do rival: Olímpico Luzhniki


O Olímpico Luzhniki é o estadio oficial do Torpedo de Moscova e, o noso rival, o Spartak de Moscova. Foi construído en 1956 nunha zona descampada a beiras do río Moscova e inaugurado co nome de “Estadio Central Lenin”. Inagurouse o 31 de xullo de 1956 cun partido de fútbol en que a Selección da Unión Soviética venceu á de China por 1-0; nese entón a súa capacidade era de 102.000 espectadores. Neste estadio celebráronse as cerimonias de apertura e de clausura, así como as competicións de atletismo dos Xogos Olímpicos de 1980 . Entre 1995 e 1997 foi renovado, cambiándolle o nome polo actual, mellorouse a calidade das gradas reducindo o número de asentos (aproximadamente 84.400) e cubriuse totalmente. No 2012, con motivo das olimpiadas de Moscú, o Luzhniki volverá a mudar de imaxe para convertirse nun estadio ultramoderno e un referente mundial.

Caracterísiticas técnicas:

- Estadio 5 estrelas UEFA

- Capacidade: 84.400 espectadores (todos sentados)

- Parkings perfectamente distribuidos ao redor do estadio

- Cuberta en todo o estadio

- Dimensións 104 x 67 m.

- Céspede artificial Field Turf

- Palcos VIP de auténtico luxo

- Pista de atletismo

1 comentario

Archivado bajo Estadios

Una Respuesta a O estadio do rival: Olímpico Luzhniki

  1. juan pablo

    esto es una perlita cheee¡
    grande maradona
    lo mas grande que existe en el futbol

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s