Celta 0 – 1 Werder


Non puido ser. O Celta caeu hoxe, inmerecidamente, fronte ao Werder Bremen nun disputado partido que se decantou do lado alemán no minuto 84.

Os homes de Fernando Vázquez plantaron cara a un duro rival como era o Werder, que sufriu máis do acostumado para vencer aos vigueses.

O Celta intentou controlar un partido no que destacou a seguridade de Pablo García no mediocampo e Lequi na defensa. Pero a falta de acerto nunha dianteira na que se desaproveitaron numerosas ocasións, propiciou que Almeida co seu solitario gol, e en fóra de xogo, compricara moito as aspiracións do Celta nesta Copa da Uefa.

Finalmente houbo unha pobre entrada en Balaídos, con escasa presenza de siareiros alemáns, pero que se compensou co excelente ambiente vivido no Estadio ao longo do partido, algo extraño nos últimos tempos.

Deja un comentario