Hoxe vai de anuncios


O RC Celta comezou esta mañá a gravación do novo spot publicitario co que intentará captar abonados para esta dura campaña na segunda división.

Máis de 60 extras participaron hoxe dende as 11 da mañá en Chandebrito na rodaxe do anuncio, na que participarán tamén os xogadores do filial e os do primeiro plantel, aínda que a súa gravación terá lugar noutra data. Os guerrilleiros celtas serán os protagonistas deste spot co que o clube intentará alcanzar a cifra dos 15.000 abonados.

Moitos foreros habituais no celtismo en internet participarán na rodaxe. Esperamos pronto que nos conten a súa experienza.

Deja un comentario