Previa Celta – Mallorca


Esta tarde a partir das 17.00h, o Celta terá unha nova final na súa carreira pola permanencia. O Mallorca de Gregorio Manzano visita a Balaídos co obxectivo de certificar a súa participación na liga das estrelas a temporada que vén.

Mentres os homes de Stoichkov están conxurados para gañar este primeiro matchball como local neste último treito de campaña. A baixa de Baiano obrigará ao adestrador búlgaro a elixir entre Perera e Bamogo como acompañantes de Nené na dianteira.

As dúbidas tamén chegan ao mediocampo onde a competencia entre Pablo García e Borja Oubiña  obrigará ao técnico a elixir entre un dos dous, ou ben a modificar o debuxo.

Os celestes intentarán tirar proveito dunha xornada na que os emparexamentos dos rivais directos contra equipos da zona alta poden beneficiar aos vigueses. Onte o Betis empataba no Calderón e hoxe o Bilbao recibe ao Madrid de Capello e, o Levante visita o Camp Nou.

Esperase hoxe no coliseo vigués unha boa entrada, grazas aos 2000 nenos que estarán no estadio e a movilización de diversos sectores do Celtismo.

2 Respuestas a “Previa Celta – Mallorca

  1. O foro de Delcelta leva días sen funcionar, non sei o motivo.

    É o momento ideal para rexistrarse no foro de TodoCelta, non cres?? xDDDDDDD

    Me gusta

Replica a 10 CELTA Cancelar la respuesta